As
nenas e nenos que se acheguen á biblioteca xogarán coas palabras, disfrutarán
cos poemas, rimarán, cantarán... coñecerán autores da nosa terra, cantares de cego, cantigas
populares, panxoliñas... entretemento, diversión, cultura e amor á poesía será o eixo
condutor nunha tarde de festa, a da poesía, pensada especialmente para ese
público infantil, sempre tan esixente.
Tamén achegaremos o Díaz Castro máis infantil, unha homenaxe ao autor chairego neste ano no que se lle adica o Día das Letras Galegas.
Será o día da inauguración do Centro Sociocultural de Meicende (Arteixo), na nova biblioteca "Antón Castro", o luns 22, ás 17:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario