A representación de Miña casiña, meu lar, pechou os actos que o Concello de Meaño ao longo de toda a semana tiña preparados relacionados co 25 de novembro. Foi no centro social de Dena, alí o público asistiu na tarde de domingo a ver enriba dun escenario a violencia contra a muller dentro do fogar, consentida, aceptada... ás veces nin percibida.
Entre risos e bromas eran testigos en primeira fila das atrocidades que se lle fan ás mulleres na vida cotiá, rían e ao mesmo tempo a empatía coa protagonista era tal que chegaban a dialogar con ela, darlle consellos ou asentir...
Marcharon co sorriso nos beizos, tamén coa reflexión sobre o que viran e mesmo comentaban e debatían... diso se trataba, era o obxectivo a cumprir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario