As historias
eran recollidas con moita atención por todas as nenas e nenos e chegado o momento das cancións converteuse
nun momento especial. Quen quixo e animado polo resto das persoas, cantou os
temas que de xeración a xeración foron chegando ata hoxe.
Foi aí cando
un neno foi feliz no seu momento de protagonismo, animado por min e dun xeito
diferente el tamén cantou, recibindo un grande aplauso. Ao remate collino e ao
seu carón volveu repetir esa actuación que hoxe recordo, como tamén ese
bico que aínda hoxe me emociona. Que pouco custa facer feliz a persoas tan
marabillosas e especiais, como marabillosa é a coidadora que o acompañaba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario