A viaxe ata a
Ribeira Sacra, para contar ao público infantil historias de igualdade e violencia de xénero, foi algo
fermosísimo. Unha viaxe que fixen escoitando poetas da nosa Terra musicados e
interpretados por A Quenlla. As árbores semellaban saudarme movendo as follas,
as mimosas sorrían con Rosalía, os ríos cantaban con Díaz Castro… cada
quilómetro era máis fermoso que o anterior.
Ao chegar e contar para o público infantil
volvín disfrutar da súa inocencia e do idioma noso, o galego, que aínda
conservan na súa integridade e que non é o común aló por onde vou. Natureza,
lingua e a historia en pedra de Chantada, fixeron que ese día quedase gravado
como algo moi especial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario