Achegaremos ao público infantil contos contados dende
a perspectiva de xénero e igualdade. Contos e historias para ir concienciando
ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón
algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista
non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e
contando, apréndese a formar en igualdade.
Será na
Biblioteca Pública Municipal de Chantada "Xoán de Requeixo”, o sábado 16 ás
12:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario