O Concello de Arzúa organiza "A historia en
Feminino", alí Ana Hermida fará un achegamento ás moitas e sobresaíntes,
así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas,
guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas
teñen cabida nesta historia en feminino. Pensemos en igualdade,
construamos con intelixencia, innovemos para o cambio.
Conmemoramos así o 8M, Día Internacional da Muller,
visibilizando ás mulleres borradas da historia. Será o xoves 7 de marzo ás 11:30
h. na Casa da Cultura do Concello, onde faremos dúas sesións para o alumnado de
primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario