A Concellería de Muller e Igualdade do Concello de
Corcubión, para conmemorar o 8M organizou unha ampla programación que
inclúe Contando en feminino, onde Ana Hermida achegará ao alumnado da Escola
Infantil Municipal historias contadas desde a perspectiva de xénero e
igualdade, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo
igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e onde a protagonista non
se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e
contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coa igualdade será o mércores 6 de marzo ás
11:00 h. na Biblioteca Municipal do Concello. Aprenderei dese público que aínda
vai en cueiros pero que comprende e razoa, polo que toca xogar e concienciar sempre
con historias fascinantes que están neses libros que acariñan coas súas
manciñas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario