Cando conto “A historia en Feminino” para o público
máis miúdo, sempre teño que baixarme ao seu gran nivel. Canto se aprende destas persoíñas, non teñen filtros e razoan coa lóxica que as persoas adultas
hai tempo que perderon. Disfruto delas ao igual que as nenas e nenos disfrutan
coas historias das mulleres que lles achego. O meu oficio de dicir regálame
momentos fermosos, como este da foto, a súa curiosidade
innata fai que pregunten e queiran saber máis e máis… eso é o que pretendo,
sementar para que xermole unha inquedanza feminista. Cando marcho énchenme a
cara de bicos e regálanme apertas que sempre me acompañan e que agradezo cada día. Graciñas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario