O Concello de Santiago de
Compostela organizou unha sesión de Contando en feminino, actividade que tivo
lugar no Centro Sociocultural de Pontepedriña, dentro dos actos da campaña do
25N “En negro contra as violencias”, para concienciar na igualdade e violencia
de xénero. Atopeime cun público infantil e adolescente moi participativo e diverso
e conteilles varias das historias que viaxan comigo e que están pensadas para
provocar unha reacción. O resultado é sempre o esperado, o que me produce unha
enorme satisfacción, así como as reflexións que fan e o debate posterior, é moi
enriquecedor, aprendo tanto da súa inxenuidade, da súa mente sen contaminar, do
claro que teñen todo… Sei que medrarán en igualdade e farán un mundo mellor e
máis xusto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario