Contaremos a nosa historia máis
máxica, lendas, historias tradicionais e populares que fagan entender e coñecer
moitas cousas a nenas e nenos. Os porqués, os encantos, historias de trasnos,
de feitizos, mitoloxía galega... tamén de temas históricos e de cabaleiros.
Todas estas historias chegaron ata nós grazas a persoas como Antón Fraguas,
a quen a Real Academia Galega lle adica o Día das Letras Galegas deste ano. “Eu
traballei sempre por e para Galicia. Por amor á nosa Terra (Antón Fraguas).
Será o sábado 18 de maio no Salón de
Actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 12:00 h. con entrada
libre e gratuíta ata completar aforamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario