Viaxaremos á Comarca do Salnés para contar "A Historia en Feminino" no Concello de Cambados, alí Ana Hermida fará
un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como
descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras,
inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida
nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Concellería de Muller
e Igualdade de Cambados en colaboración coa Concellería de Cultura.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da
historia, o martes 1 de outubro ás 17:30 h., na Axencia de Lectura Municipal de
Castrelo, en Cambados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario