En Cambados teñen unha nova cita coas mulleres extraordinarias de "A
Historia en Feminino", unha actividade organizada pola Concellería de
Muller e Igualdade en colaboración coa Concellería de Cultura. Ana Hermida
achegará ao público as moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres
que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras,
aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta
historia en feminino.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o xoves 3 de outubro ás 17:30 h., na Biblioteca Pública Municipal Luis Rei do Concello de Cambados.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o xoves 3 de outubro ás 17:30 h., na Biblioteca Pública Municipal Luis Rei do Concello de Cambados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario