A Rede de Bibliotecas do Concello de Arteixo organiza
esta actividade onde Ana Hermida contará historias ao público infantil desde
a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o
tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final pode cambiar e a
protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas identidades.
Contos tamén para concienciar e loitar contra o abuso infantil e a violencia de
xénero. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coa igualdade será o mércores 9 de outubro ás
11:00 h. na Biblioteca de O Froxel “Francisco Vidal y está dirixida ao alumnado
do Ceip de Galán, na parroquia de Oseiro do Concello de Arteixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario