O sábado 26 de xullo,
aniversario do nacemento de Filomena, tivo lugar a entrega do I Premio de
Oratoria Filomena Dato, o primeiro que leva o nome da autora máis premiada do
século XIX. O Covid non puido coa forza das persoas que participaron no
concurso, aínda nos tempos do confinamento, que puxeron todo o seu talento para
ofrecernos uns traballos moi logrados e unha exposición dos mesmos que premiou o
xurado e encantou ao público asistente. O temática elixida este ano pola
organización era a "sororidade" e foi maravilloso escoitar como defendían a súa
creación xuntando idioma galego e feminismo.
O acto estivo dirixido por Ana Hermida, presidenta de Lisístrata e no que estivo presente a concelleira de Cultura de Arteixo Dna. Ana María Bello Vázquez en representación do organismo arteixán, concello elixido pola organización para esta e vindeiras edicións, por ser onde radica a Asociación Cultural Lisístrata.
Despois de expoñer os seus traballos e recibir os correspondentes premios posaron coa satisfacción de
saberse correspondidos co aplauso do público que quedou
admirado coa súa oratoria.
Deixamos adianto da próxima reportaxe fotográfica coas persoas premiadas, de esquerda a dereita: Xabier Alexandre Almeida Rodríguez, do CPI José García García de Mende, Ourense (Cat. poesía), Irene González Calvo, do Ies Salvador de Madariaga da Coruña (Cat. oratoria) e Diego Parada Burés, do centro educativo Liceo La Paz, da Coruña (Cat. oratoria).

Ningún comentario:
Publicar un comentario