O meu oficio de dicir é
marabilloso, co paso dos anos sigo a sorprenderme en cada sesión. Esa mañá de
sábado estaba un grupo de nenas na entrada agardando a que comezase, convideinas a pasar e dixéronme que eran amigas e viñan celebrar
o aniversario dunha delas, daquela prendeuse unha luz nos meus ollos e sorriu o
meu corazón, elixiran vir escoitar historias sobre o feminismo á biblioteca e pasar alí unha mañá de verán... e a min pareceume fermosísimo.
Sentaron diante, eu quedei preto querendo interactuar con elas, foi daquela cando preguntaron e expuxeron o moito que sabían de feminismo...
foi unha mañá moi especial. O certo é que a Biblioteca Ánxel Casal é un
lugar de encontro cultural máxico e xa noutras ocasión teño vivido algo
semellante. Quedou demostrado que o feminismo pode ser divertido e que interesa
coñecer a historia que non está nos libros de texto, a das nosas avoas e
bisavoas que ergueron a voz e loitaron para cambiar o mundo. Aquí me vedes
tentando aclarar as súas dúbidas e sobre todo...
aprendendo dese público tan especial. Grazas por tanto como recibo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario