mércores, 8 de setembro de 2021

Segunda edición de "ReviveBaiuca", inscribe a túa proposta

Lisístrata Asociación convídate a participar na segunda edición de ReviveBaiuca, un proxecto colaborativo orientado á cidadanía do Lugar da Baiuca preferentemente, no que se poden presentar ideas para darlle pulo a este lugar e reforzar o tecido veciñal.

Calquera persoa pode participar manifestando as súas inquedanzas e aportando ideas sobre como desexaría que fose a Baiuca, non hai límite de idade nin se precisa ter ningún coñecemento, só precisamos a túa colaboración. Non é preciso vivir en Arteixo, pero o proxecto debe desenvolverse na Baiuca, antiga capital do Concello de Arteixo

Algúns exemplos podrían ser: mellora do noso entorno, crear lugares/actividades culturais, recuperar os entornos naturais e urbanos...O feminismo, diversidade, ecoloxía e cultura formarán parte tranversal deste laboratorio.

Esta iniciativa conta co apoio de Medialab-Prado e o Ministerio de Cultura e Deporte, no contexto da acción de “laboratorios distribuidos”, e coincidirá no seu tempo de realización cun gran número laboratorios cidadáns en organizacións e institucións de España e Latinoamérica.

Inscribe aquí o teu proxecto do 01 de setembro ao 05 de outubro

Axenda e fases da Convocatoria:

Convocatoria de proxectos: do 01 de setembro ao 05 de outubro
Convocatoria de colaboración: do 05 ao 31 de outubro
Celebración do obradoiro: do 01 ao 30 de novembro

Bases da Convocatoria 2021

Ningún comentario:

Publicar un comentario