luns, 24 de novembro de 2025
"Feministorias" no Concello de Miño para conmemorar o 25N "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller"
mércores, 22 de outubro de 2025
Arteixo conmemorou o "Día das Escritoras" con "Palabra de Muller"
Desde hai anos Lisístrata Asociación conmemora o Día
das Escritoras con Palabra de Muller, un evento creado para reivindicar a obra
e figura de autoras representativas da realidade do seu tempo, mulleres
valentes, pioneiras, ás que tratamos de honrar nun acto de xustiza e
recoñecemento. A todas elas prestámoslles a nosa voz para coñecer a súa obra, e
tratar de reparar o inxusta que foi a historia con elas.
Este ano, X edición desta conmemoración, quixemos
renderlle homanaxe ás nosas mulleres galegas da escrita e para tal fin contamos
con persoas marabillosas que coa súa xenerosidade, entrega e sensibilidade
fixeron deste evento algo moi emotivo.
𝗚𝗥𝗔𝗭𝗔𝗦 Miguel Sande, Paty Fernández, Rosario Sarmiento, Xurxo Lobato, Ana Hermida, Pilar Riaño, Aser Álvarez, Ánxela Abalo, Estrella Iglesias, Yisus, Carmen Rama, Mónica Montero, Antonio Patiño, María Martul, Nuria Lema e Paula Rodríguez do Clube Natación Arteixo, Ángeles Barreiro, Nacho León Galiano, Miriam Couceiro, Isabel Ferreiro, Juan José Barro. Sen vós non sería posible.
mércores, 15 de outubro de 2025
"A Vociferante da Baiuca" na Feira Histórica Arteixo 1900
"A Vociferante da Baiuca" é unha homenaxe ao noso Patrimonio Inmaterial e ás mulleres transmisoras do mesmo, proclamando o dereito á dignidade do idioma, literatura oral e música popular de Galicia. (Neste 2025 a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas á Poesía Popular Oral).
A Vociferante
da Baiuca abre os ollos á realidade e divulga no vento, declamados en chamada,
aviso e advertencia, os seus pensares e mensaxes que outras calan. Alza o ton
para seren oídas as narracións poéticas, poemas mal mirados e aquelas cuestións
de contraste, agardando o aplauso da concurrencia e unha dádiva e
conivencia.
Ana Hermida é A Vociferante da Baiuca e estará no seu concello, poñendo en valor a nosa cultura tradicional, na Feira Histórica Arteixo 1900 o sábado 18 de outubro ás 12:00 h. no anfiteatro do paseo fluvial.
xoves, 9 de outubro de 2025
Celebramos o Día das Escritoras en Arteixo con "Palabra de Muller"
Celebramos no Concello de Arteixo o décimo aniversario
do Día das Escritoras con "Palabra de Muller", facendo un percorrido
pola obra de mulleres galegas pioneiras, rebeldes, silenciadas, inxustamente
tratadas, incomprensiblemente esquecidas... ás que honraremos nun acto onde
varias persoas representativas da cultura e sociedade galega prestarán a súa
voz ás escritoras homenaxeadas. A actividade está dirixida ao público adulto e
coordinada por Ana Hermida, de Lisístrata Asociación.
Será o sábado 11 de outubro ás 18:00 h. no Auditorio
do Centro Cívico Cultural “Manuel Murguía” de Arteixo. A entrada libre e
gratuíta ata completar a capacidade da sala.
Leranse textos de Luz Pozo, Concepción Arenal, María Barbeito, Syra Alonso, Filomena Dato, María Casares, Begoña Caamaño, Luísa Villalta, María Victoria Moreno, Hildegart Rodríguez Carballeira, Enriqueta Otero, Francisca Herrera Garrido, Sofía Casanova, Xosefina López de Serantes, Mariví Villaverde, Xohana Torres, Rosalía de Castro, Xela Arias, María Mariño e Pura Vázquez.
xoves, 13 de marzo de 2025
Entrevista a Ana Hermida na Tvg
Grazas A Revista Fin de Semana da TVG por esta entrevista a Ana Hermida, presidenta de Lisístrata Asociación, para falar sobre as nosas actividades con motivo do 8M "Día Internacional da Muller". Elixín como escenario para a charla a praia de Sabón do meu querido concello Arteixán, do que presumo aló por onde vou.
domingo, 9 de marzo de 2025
Estaremos "Contando en Feminino" no Concello de Curtis para conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller"
Estaremos
“Contando en Feminino” no Concello de Curtis, na comarca de Betanzos, e así
conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller", alí Ana Hermida estará
narrando historias dende a perspectiva de xénero e igualdade para ir
concienciando para o alumnado do Ceip de Teixeiro, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos
contos, senón algo igualitario.
A cita co feminismo comezará ás 11:00 h., serán tres sesións, dúas para primaria e outra para infantil. Esta actividade está organizada pola Anpa A Froula e terá lugar nas instalacións do colexio.
domingo, 2 de marzo de 2025
Conmemoramos o 8M “Día Internacional da Muller” no Concello de Paderne contando “A historia en Feminino”
O
Concello de Paderne, pertencente á comarca de Betanzos, ten programadas unha serie de actividades para conmemorar o
8M "Día Internacional da Muller", entre as que inclúe "A
historia en Feminino" onde Ana Hermida fará un achegamento ás moitas e
sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia.
Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras,
músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia e achegando referentes para o apoderamento feminino, o venres 07 de marzo ás 19:00 h., será no Fogar do Maior no Concello de Paderne. Actividade dirixida ao público familiar.
martes, 25 de febreiro de 2025
“A historia en Feminino”, a visibilización das mulleres ao longo da historia, chega a Cerceda para conmemorar o 8M "Día Internacional da Muller"
Viaxamos ata Cerceda, na comarca de Ordes, para contar "A historia en Feminino”, alí Ana Hermida fará un achegamento ao alumnado do Ceip Plurilingüe Celso Emilio Ferreiro, das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Anpa Celso Emilio Ferreiro.
O venres 7 de marzo estaremos visibilizando mulleres borradas da historia para o alumnado de infantil e primaria do Ceip de A Silva de Cerceda.
venres, 21 de febreiro de 2025
Mesía conmemora o 8M con "A historia en Feminino"
O Concello de Mesía, na comarca de Ordes, para conmemorar o 8M “Día Internacional da Muller” ten programado entre as súas actividades "A historia en Feminino”, alí Ana Hermida fará un achegamento ao alumnado do Cpi de Xanceda das moitas mulleres sobresaíntes e descoñecidas que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino.
Porque a invisibilización é un xeito de violencia de xénero, estaremos achegando referentes e visibilizando mulleres borradas da historia o xoves 6 de marzo en Mesía.
mércores, 19 de febreiro de 2025
"Contando en Feminino" en Fisterra na Voz de Galicia
O xornal La Voz de Galicia, recolle así «Contando en feminino», con Ana Hermida en Fisterra
luns, 17 de febreiro de 2025
Día de Rosalía en Arteixo
O día 23 de
febreiro ás 13:00 h. no entorno do CCC de Arteixo "Manuel Murguía" e
diante da Filla da "Figueira de Rosalía", celebraremos á Nai das
nosas letras cun sinxelo acto, onde a veciñanza será a protagonista. Saúde e
Terra!
Achégate e fai unha lectura da súa obra, podes traer ti o texto ou elixir entre os que nós teremos para que elixas. O acto dará comezo con Ana Hermida que dará lectura ao manifesto da AELG elaborado este ano por Marga do Val, para continuar coas lecturas da obra rosaliana por parte de todas aquelas persoas que queiran participar.
sábado, 1 de febreiro de 2025
"A Vociferante da Baiuca", a cultura popular no Arteixo 1900
Ana Hermida na Feira Histórica
Arteixo 1900 foi “A Vociferante da Baiuca”, estivo facendo unha homenaxe ao
noso Patrimonio Inmaterial e ás mulleres transmisoras do
mesmo, proclamando o dereito á dignidade do idioma, literatura oral e música
popular de Galicia. A Vociferante da Baiuca levou ao auditorio de Arteixo
narracións poéticas, poemas mal mirados, e outras cuestións de contraste, todo coa complicidade do público co que interactuaba.
Despois de pasar un tempo entre risas, o público bateu palmas para acompañar á Vociferante nos seus cantos como fin do espectáculo. Chovía (ironía modo-on), pero xa o facía antes de que a Vociferante comezara a entoar.
venres, 24 de xaneiro de 2025
Convocatoria do Premio de Oratoria "Filomena Dato" 2025
Pola presente convócase o PREMIO DE ORATORIA
“FILOMENA DATO” 2025, nacido o ano 2019 para a participación do alumnado dos
diferentes ciclos de Ensino e para centros públicos e privados de Galicia e do
exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética,
narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo, ademais de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos
escasos referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda
escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese
século.
A inscrición farase no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com e deberá estar entregada a gravación, sempre mellor -de planos- en corpo enteiro, correspondente ao tema indicado, cunha duración máxima de 5 minutos, así como o traballo por escrito e a ficha do anexo, debidamente cuberta, que se pode descargar aquí mesmo.
O tema deste ano será: "Mansplaining". No verán de 2020 convidamos á Real Academia Galega a que incluíse este termo no seu diccionario, e aproveitamos a ocasión para reiterar a petición. Como novidade e a partir deste ano engádese "Tenzón" (para tentar recuperar esta composición) xunto con poesía, narrativa e oratoria, podendo cada persoa participar nunha ou nas dúas opcións da súa categoría correspondente.
O prazo de inscrición é ata o 24 de febreiro. A entrega de premios terá lugar en Arteixo e farase coincidir co 8M Dia Internacional da Muller, ás 12:00 h. no lugar que se comunicará oportunamente.
Prorrógase o prazo de inscrición debido ás moitas peticións por parte dos colexios. Tedes ata fin de curso para poder preparar as vosas propostas. Sorte, ánimo e adiante, moitos premios agardan por vós.
venres, 10 de xaneiro de 2025
Contamos "A historia en Feminino" no Concello de Ribeira
Ana Hermida estivo na Comarca do Barbanza para contar a "Historia en Feminino" no Concello de Ribeira, onde a a Asociación Veciñal de Carreira promoveu esta actividade para visibilizar ás mulleres borradas ao longo da historia. Foi unha tarde-noite dun temporal intensísimo e aínda así a asistencia foi enorme, polo que agradezo o interese e compromiso da veciñanza co feminismo.












