Hoxe, Día Mundial da Poesía, lembramos o recital poético-musical
"No desmaio do teu bico" que Santiago Fernández e Ana Hermida
levaron ao Concello de Rianxo, para homenaxear ás mulleres e homes poetas da
nosa terra galega.
Ao render homenaxe a aquelas e aqueles para quen a palabra libre,
fonte de imaxinación e de actuación, é o único instrumento, recoñecemos o
valor da poesía como símbolo da creatividade da mente humana. Ao dar forma e
palabras ao que aínda non ten nin unha cousa nin a outra (a beleza inexplicable
que nos rodea, os enormes sufrimentos e a miseria do mundo), a poesía contribúe
á expansión da nosa humanidade común, e axuda a facela máis forte, máis
solidaria e máis consciente dela mesma.
As voces que transmiten a poesía contribúen a realzar a
diversidade lingüística e a liberdade de expresión. Colaboran no esforzo
mundial en favor da educación artística e a difusión da cultura. Ás veces, a
primeira palabra dun poema é suficiente para recuperar a confianza ante a
adversidade e atopar o camiño da esperanza fronte á barbarie. Na época da
robotización a inmediatez extrema, a poesía tamén abre un espazo de liberdade e
aventura inherente á dignidade humana (Irina Bokova).
Ningún comentario:
Publicar un comentario