A Concellaría de
Servizos Sociais, Muller e Igualdade, xunto coa Concellaría de Cultura do
Concello de Corcubión, organizan, con motivo do Día da Muller, unha sesión de
contos de igualdade e non violencia de xénero. Serán historias para ir
concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional
nos contos, senón algo igualitario. Contos onde o final pode cambiar e tamén
onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas
identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coa
igualdade será o sábado 19 ás 12:00 h. na Biblioteca Pública de Corcubión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario