No
Día Internacional da Muller, "Deamos o paso pola igualdade", así o
fixemos cando estivemos no Concello de San Sadurniño, tentando concienciar
sobre a igualdade e violencia de xénero con “O voitre e a pomba”. Facemos nosas as palabras dos organismos garantes da muller:
Volvemos insistir no aumento da participación das mulleres como unha das condicións necesarias. Cada unha e cada un de nós é necesario nos nosos países, comunidades, organizacións, Gobernos e Nacións, para garantir que se adopten accións decisivas e visibles. As mulleres e as nenas son fundamentais para atopar solucións sustentables aos desafíos da pobreza, a desigualdade e a recuperación das comunidades máis golpeadas polos conflitos, aos desastres e aos desprazamentos. Elas atópanse na primeira liña de novas e ameazantes epidemias, como a enfermidade polo virus do Zika ou os efectos do cambio climático, á vez son o refuxio que protexe á familia, traballan pola paz e garanten o crecemento económico sustentable e o cambio social.

A
participación das mulleres en todos os ámbitos e o fortalecemento do movemento
de mulleres nunca foron tan cruciais, traballando xunto aos nenos e os homes,
para contribuír ao empoderamento das nacións, erixir economías máis sólidas e
sociedades máis saudables. Queremos
lograr un mundo no que todas as mulleres e nenas teñan as mesmas oportunidades
e os mesmos dereitos Esixe aos gobernos realizar compromisos nacionais que
poñan fin á fenda na igualdade de xénero: desde leis e políticas ata plans de
acción nacional e investimentos axeitados.
Para
que todas as nenas rematen os ciclos do ensino primario e secundario, para que teñan
acceso a servizos de atención na infancia e a un ensino preescolar de calidade,
para poñer fin a todas as formas de discriminación contra todas as mulleres e
as nenas en todo o mundo, para eliminar todas as formas de violencia contra
todas as mulleres e nenas nos ámbitos público e privado, incluidas a trata, explotación
sexual e outros tipos de explotación, para eliminar todas as prácticas nocivas,
como o matrimonio infantil, precoz e forzado e a mutilación xenital feminina…. Deamos
o paso! AGORA é o momento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario