O Concello de Viana do Bolo e o Cim Viana organizan unha serie de actos ao longo
deste mes de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, entre os que
está Contando en feminino. Serán historias para ir
concienciando ao público infantil, onde o rol feminino sexa, non o tradicional
nos contos, senón algo igualitario. Contos onde o final pode cambiar e tamén
onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas
identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita cos contos e coa igualdade será o luns 14, na Casa da Cultura do Concello de Viana do Bolo, ás 16:00 h.
A cita cos contos e coa igualdade será o luns 14, na Casa da Cultura do Concello de Viana do Bolo, ás 16:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario