O
Concello de A Pobra do Brollón, que pertence á Comarca da Terra de Lemos, para conmemorar o 25N dentro da campaña: En
negro contra as violencias, organizou unha ampla programación que inclúe
Contando en feminino, onde Ana Hermida achegará á infancia historias contadas
desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol feminino sexa, non o
tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode
cambiar e onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas
mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita
coa igualdade e co alumnado do Ceip A Pobra do Brollón, que tamén contará
contos, será o luns 25 de novembro ás 11:30 h. na Casa da Cultura “Olga Novo”,
a entrada é libre e gratuíta ata compretar aforamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario