O Concello de Piñor,
pertencente á Comarca do Carballiño, programa un novembro violeta, co lema:
contra a violencia machista, Piñor feminista. Dentro dos actos para conmemorar
o 25N estará no acto central "A historia en Feminino", alí Ana
Hermida fará un achegamento ao público das moitas e sobresaíntes, así como
descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, inventoras,
aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta
historia en feminino.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da
historia, o venres 22 de novembro ás 19:30 h., no Salón de Actos do Concello
de Piñor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario