"Contando en feminino" en Compostela
A Agrupación
Folclórica Cantigas e Agarimos organiza esta actividade onde Ana Hermida
contará historias desde a perspectiva de xénero e igualdade, onde o rol
feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario, onde o final
pode cambiar e a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas
mesmas identidades. Contos tamén para concienciar no feminismo e loitar contra o abuso
infantil e a violencia de xénero.
Xogando e contando, apréndese a formar en
igualdade. A cita coa igualdade, entre música, bailes e castañas do VII Magosto
Foliadeiro, será o sábado 16 de novembro ás 17:45 h. no local de Cantigas
e Agarimos en Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario