Ana Hermida viaxou ata a comarca da
Ulloa, concretamente ao Concello de Antas de Ulla, para achegar ao público "A
historia en Feminino", alí visibilizou ás mulleres borradas da memoria e deu a
coñecer ao público as súas vidas marabillosas, os seus logros, achegou a
realidade oculta durante séculos e amosoulles unha visión real da historia. A
resposta foi a esperada, está a darme moitas satisfaccións ao comprobar a
reacción do público infantil e adulto. Levo moitos anos
tentando darlle o seu lugar ás mulleres que houbo ao longo da historia, as que aínda
hoxe habitan nun ocultismo inxusto e das que na actualidade se contan moitas
inexactitudes causando un dano terrible, aí estivemos nós para dicirlle ao
público que é intelixente dabondo, que non crea todo o que se lle conta, que
lea, que lea moito e teña o seu propio criterio.
Quixera expresar os meus parabéns á
organización, a Teresa Batán Buján, responsable da Biblioteca e toda unha
institución no Concello, pola implicación na actividade, traballou coa infancia
o tema e cando cheguei aí estaba ese público orgulloso contándome o que
aprendera nos libros da biblioteca, así que seguimos contando
historias reais de mulleres que sorprenden e fascinan moito máis que as de
ficción, mostra do que digo é esta foto que comparto con vós para que comprobedes
o que eu teño a sorte de ver día tras día cando conto historias de mulleres
extraordinarias e así teñan referentes femininos. Agardo que espertara moitas
inquedanzas e que a semente do feminismo xermole debidamente. Grazas por tanto
como recibo, e aínda hai quen di que estou tola por facer o que fago, bendita
tolería!.
Ningún comentario:
Publicar un comentario