Debido á
EXCEPCIONALIDADE que estamos a vivir, mantemos aberto o prazo de presentación e
pedimos ás familias a súa implicación para que nenas e menos poidan participar
desde as súas casas coas súas gravacións. O prazo remata o xoves 30 de abril ás 14:00 h.
Convócase o I
PREMIO DE ORATORIA “FILOMENA DATO” para alumnado dos diferentes ciclos do
Ensino Obrigatorio e para centros públicos ou privados de Galicia e do
exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética,
narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo, ademáis de render
homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura
feminina e feminista do S. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que
publicaría un libro en galego nese século. O tema deste ano é a
"Sororidade".
A inscrición farase no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com e deberá estar entregada a gravación, sempre mellor -de planos- en corpo enteiro, correspondente ao tema indicado, cunha duración máxima de 5 minutos, así como o traballo por escrito e a ficha do anexo, debidamente cuberta, que se pode descargar na páxina da organización convocante http://lisistrata-asociacion.blogspot.com/p/premio-filomena-dato.html. O deseño e ilustración é obra do artista gráfico: Iván del Río.
Ningún comentario:
Publicar un comentario