Pitusiña é unha nena arrichada que sinte o galego,
pensa, fala e xoga en galego. "Fala ben, así non se di..." Está farta
de que sempre lle digan cousas que non entende e decide facer unha viaxe no
tempo pola nosa historia onde descubrirá personaxes moi interesantes que lle
farán comprender moitos porqués. Unha viaxe á que vos convida, queredes
acompañala? Espectáculo de monicreques e actriz.
A cita de Pitusiña co público infantil da Comarca de Arzúa será o venres 24 de xullo ás 11:00 h., no CPI Armando Cotarelo Valledor do Concello de Boimorto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario