O pasado ano 2019 a
Asociación Cultural Lisístrata convocaba o I PREMIO DE ORATORIA “FILOMENA DATO”
para o alumnado dos diferentes ciclos do Ensino Obrigatorio, coa intención de
promover o Idioma Galego e o Feminismo, ademais de render homenaxe a Filomena, un
dos escasos referentes do feminismo do S. XIX e segunda escritora, despois de
Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século.
Este premio, o primeiro que
leva o nome da “poeta das Mariñas” e que nesta primeira edición ten como tema a
sororidade, terá o seu acto de entrega o domingo 26 de xullo ás 12:00 h. no
Anfiteatro do Concello de Arteixo. Será un acto axustado ao protocolo Covid que
consistirá nunha breve presentación, entrega de premios as persoas gañadoras,
que expoñerán o seu traballo ante o público e como colofón a obra de Filomena
soará na voz de Ana Hermida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario