sábado, 22 de novembro de 2014

O Voitre e a Pomba, verbas contra a violencia feminina no IES Félix Muriel de Rianxo

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que terá lugar este martes 25 de novembro, o alumnado do IES Félix Muriel asistirá a un espectáculo dirixido por Santiago Fernández, onde poesía e teatro se dan cita para denunciar a violencia contra as mulleres, homenaxear ás que xa non están e apoiar ás que están sufrindo esta lacra social. 

Ana Hermida e Santiago Fernández subirán ao escenario para ofrecerlles un espectáculo que pretende remover o máis íntimo as conciencias.

Será o luns 24 ás 16:30 h. no IES Félix Muriel de Rianxo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario