Esta semana achegarémonos a Arteixo para render homenaxe a
Xosé María Díaz Castro, neste seu ano das Letras Galegas.
O poeta chairego será obxecto de lecturas, xogos, rimas,
cancións... unha maneira de achegar ao público infantil o seu traballo e a súa
figura. Levamos o noso o Díaz Castro máis infantil, estará nas voces de
Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11 anos que por alí se acheguen.
Serán pequenos xoguetes poéticos cheos de
entretemento, versos que ás veces tamén son cantados, historias unhas, con
actividades para nenas e nenos e outras nas que interactúan coa
contadora.
A cita coa poesía e con Díaz Castro, será o xoves 6 na
Biblioteca Central de Arteixo "Henrique Rabuñal", ás 18:50 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario