Miña casiña, meu lar está incluída dentro da programación que o Concello de Meaño ten preparada con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Enfocada dende un punto de vista humorístico, amosa a realidade da muller no seu fogar, reflicte a crúa realidade da situación das mulleres maltratadas, tanto no físico coma no verbal e no psíquico. A soidade dunha muller pechada todo o día na súa casa, a violenta relación á que a somete o seu marido e que ela acepta como normal, a dobre explotación da muller, tanto no traballo como no fogar...
A cita será no Centro Social de Dena, no Concello de Meaño, ás 18:00 h. e será para todos os públicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario