O Voitre e a Pomba está incluido dentro dos actos programados pola Concellería de Igualdade de San Sadurniño para concienciar sobre a violencia de xénero.
Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que terá lugar este martes 25 de novembro, o alumnado do CPI de San Sadurniño asistirá a un espectáculo dirixido por Santiago Fernández, onde poesía e teatro se dan cita para denunciar a violencia contra as mulleres, homenaxear ás que xa non están e apoiar ás que están sufrindo esta lacra social. Ana Hermida e Santiago Fernández subirán ao escenario para ofrecerlles un espectáculo que pretende remover o máis íntimo as conciencias.

A cita será o martes 25, ás 15:30 h. no Casa da Cultura do Concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario