O Nadal préstase a preparar actividades especiais. Os contos como
medio de difusión cultural tradicional supoñen unha ferramenta perfecta para
axudar na difusión de valores nos máis pequenos. Os valores de igualdade non
son un motivo específico do Nadal, pero son moi necesarios nunhas datas nas que
nenos e nenas atopan estímulos por todas partes sobre comportamentos, roles,
educación, futuro... E nada mellor que uns contos para lembrar que aquí todas
somos iguais!
Serán
contos e historias para ir concienciando ao público infantil, onde o rol
feminino sexa, non o tradicional nos contos, senón algo igualitario. Contos
tamén onde o final pode cambiar e tamén onde a protagonista non se vexa como
algo inferior e sempre coas mesmas identidades. Xogando e contando, apréndese a
formar en igualdade.
A cita coa igualdade
será o luns 4 de xaneiro na Biblioteca Ágora do Concello da Coruña ás 12:00 h.
e require inscrición previa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario