O Día Mundial do Medio Ambiente tivo lugar no Museo Centro
Gaiás (Cidade da Cultura, Santiago de Compostela) o I congreso
escolar “Rede Natura 2000. Escolas en Acción”. Durante esta
xornada presentáronse 10 proxectos de investigación realizados durante o
curso escolar. Organizou
a actividade a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestructuras da Xunta de Galicia, co apoio do CEIDA (Centro de Extensión
Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).
Alí estivemos coa infancia,
participando coas nosas historias e aprendendo dese conxunto de vontades que
demostraron que o futuro, se depende das novas xeracións, será verde e azul.
Foi fermosísimo ver como preparaban os seus traballos baixo a supervisión do
profesorado e como expoñían os mesmos baixo unha ollada de fachenda das persoas
encargadas de educar esas mentes limpas. O meu recoñecemento ao gran labor do profesorado e persoal do Ceida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario