O
Concello de San Sadurniño inclúe os contos de igualdade na súa programación do Día das
Letras Galegas. Nesta ocasión as historias estarán dirixidas ao infantil
de 3 a 6 anos. Serán contos
contados dende a perspectiva de xénero e igualdade. Historias para ir
concienciando á infancia, onde o rol feminino sexa, non o tradicional nos
contos, senón algo igualitario. Contos tamén onde o final pode cambiar e tamén
onde a protagonista non se vexa como algo inferior e sempre coas mesmas
identidades. Xogando e contando, apréndese a formar en igualdade.
A cita coa igualdade será
o mércores 18 na Biblioteca Pública Municipal, ás 12:30 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario