Achegámonos á Costa da Morte coas nosas historias
de igualdade para o público infantil. O acto estaba organizado pola Concellaría
de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, xunto coa Concellaría de Cultura do
Concello de Corcubión e tivo lugar na Casa da Cultura. Ata alí se achegaron
nais, pais, avós, avoas e, por suposto, nenas e nenos que me volveron
ofrecer, no debate posterior que sempre fago, os seus comentarios, as súas
preguntas e dúbidas, a súa visión da igualdade e violencia de xénero. Tanto nos
entretivemos intercambiando opinións que o tempo pasou voando, así entre
historias e sorrisos levaron conceptos que espero queden fixados nas súas
mentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario