Rosalía de Castro, na voz de Ana Hermida, estará co
alumnado do Ies Manuel Murguía. Faremos un repaso pola súa biografía e pola súa
obra, haberá representación teatral, dramatización da súa obra e participación
do alumnado, que terá ocasión de poñer voz á nosa Poeta nacional. A actividade
está organizada pola Concellería de Cultura a través da Rede de Bibliotecas do
Concello de Arteixo, que ten declarado oficialmente o 24 de febreiro #DíadeRosalía,
sumándose á moción da Aelg.
Serán dous días de encontro, 19 e 22 de febreiro,
cunha Rosalía loitadora, feminista, comprometida e dona dunha obra de
inmensa valía. A cita terá lugar na Biblioteca Central de Arteixo
“Henrique Rabuñal” ás 11:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario