Este ano celébrase a quinta edición do concurso de
poesía en homenaxe a Rosalía de Castro, está organizado pola Concellería de
Cultura do Concello de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. Será
o broche de ouro a unha serie de actividades coas que conmemoran o nacemento da
escritora padronesa. Haberá 12 nenas e nenos que recitarán a súa propia obra,
de entre 8 e 12 anos, que levarán un agasallo pola súa partipación, outro por
cada unha das tres categorías e a persoa gañadora recibirá o premio final. Ana
Hermida dará lectura ao Manifesto da Aelg e tamén fará unha dramatización da
obra á Rosalía de Castro, mentres delibera o xurado composto polo Clube de
Lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal”.
A cita con Rosalía e coa poesía será o sábado 23, na
Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de Arteixo, ás 11:30 h. A entrada
é libre e gratuíta ata completar aforamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario