Homenaxe a Rosalía de Castro mediante a dramatización
dos seus poemas. Este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os
temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa
da muller, da súa terra... O desexo e ansias súas polo teatro "eu quería
ser actriz e non me deixaron". Unha Rosalía, a veces divertida, outras
reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, teatro,
e algunha canción para honrar a nai da nosa terra.
Será o venres 22 de febreiro, no salón de actos de Biblioteca
Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 19:30 h. A entrada e libre e gratuíta ata
completar a capacidade da sala.
Ningún comentario:
Publicar un comentario