Despois dunha semana de actividades dirixidas ao
público escolar, o Concello de Arteixo celebra o Día de Rosalía cun acto
central aberto á cidadanía, organizado pola Concellería de Cultura do Concello
de Arteixo a través da Rede Municipal de Bibliotecas. Ana Hermida dará lectura
ao Manifesto da AELG, que este ano foi redactado por Ana Romaní. A continuación
terá lugar o concurso de poesía homenaxe a Rosalía de Castro, onde participa o
alumnado dos centros de primaria do concello arteixán, unha vez recitados os
seus poemas e mentres delibera o xurado, Ana Hermida fará unha dramatización da
obra da Nai das nosas letras.
Convidamos á toda a cidadanía de Arteixo a que
participe desta gran festa Rosaliana, será o sábado 23, na Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural de
Arteixo, ás 11:30 h. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario