domingo, 10 de febreiro de 2019

Celebramos o 11F contando "A historia en Feminino" na Biblioteca Ánxel Casal

Celebramos o 11F, o Día da Muller e da Nena na ciencia con “A historia en Feminino” onde visibilizaremos a mulleres no mundo da ciencia. Ao longo da historia as mulleres romperon barreiras e destacaron nun mundo de homes, foron moitos os seus logros na ciencia, tecnoloxía, informática, matemáticas, física, inventos... pero foron inxustamente invisibilizadas. Xa é hora de que se coñezan as súas vidas, os seus logros e crear referentes nas nenas para que se acheguen ao mundo da ciencia, farémolo mediante historias, actividades e xogos... e algunha sorpresa.

Será o luns 11 de febreiro no Salón de Actos da Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, ás 18:30 h. con entrada libre e gratuíta ata completar aforamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario