Rosalía de Castro, na voz de Ana Hermida, estará
co alumnado do Ies Manuel Murguía. Faremos un repaso pola súa biografía e pola
súa obra, haberá representación teatral, dramatización da súa obra e
participación do alumnado, que terá ocasión de poñer voz á nosa Poeta nacional e daremos lectura ao Manifesto da Aelg redactado este ano por Daniel Asorey.
A actividade está organizada pola Concellería de Cultura a través da Rede
de Bibliotecas do Concello de Arteixo.
Serán
dous días de encontro, 21 e 27 de febreiro, cunha Rosalía loitadora, feminista,
comprometida e dona dunha obra de inmensa valía. A cita terá lugar na
Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” ás 11:00 h.
Ningún comentario:
Publicar un comentario