Mentres os versos de
Filomena soaban na voz de Ana Hermida co recital “Ningún lazo a suxeita”, o
vento das Mariñas levaba a súa obra á veciñanza nesta homenaxe á “poeta das
Mariñas”, título que lle outorgou o seu amigo Pérez Lugín. A escritora máis
premiada do século XIX e académica correspondente da Real Academia Galega,
chegaba ao corazóns das mulleres e homes que descubrían a obra da súa veciña
ilustre.
Levamos anos
visibilizando a Filomena para reparar o seu inxusto esquecemento, achegando a
súa obra, investigando e facendo actividades para darlle o lugar que lle
corresponde. Xa no ano 2019 creamos o Premio de Oratoria Filomena Dato
(primeiro premio que leva o nome da autora), para promover a expresividade e a
expresión –poética, narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo. En
pouco tempo teremos novidades relacionadas con Filomena Dato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario