Coa inocencia propia da infancia, unha Rosalía
aínda nena, irá debullando a súa vida entre versos, cancións e soños. Quen
mellor que Rosalía para facelo? Moito se ten escrito da nosa poeta, pero aínda
non está todo dito. É este un achegamento ao mundo infantil da Nai das nosas
letras, a Rosalía defensora da muller, da súa terra, unha Rosalía
reivindicativa, divertida… Vida e obra contada en primeira persoa
ao xeito de teatro infantil.
A cita cos contos será o sábado 22 de febreiro,
no salón de actos da Biblioteca Pública de Santiago de Compostela, ás 12:00 h. con entrada é libre e gratuíta ata completar aforamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario