Ana Hermida fará unha dramatización da obra da
Nai das nosas letras con “Tecín soia a miña tea”, poemas, teatro, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra no seu aniversario, unha muller interpretando a outra muller, a Rosalía feminista, divertida, defensora da súa terra. Tamén dará lectura ao Manifesto da
AELG, que este ano foi redactado por Daniel Asorey. Este acto central terá lugar na Residencia de Maiores do Concello de Arteixo, pertencente ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, onde as persoas usuarias do centro renderán homenaxe á padronesa universal dando lectura á obra
Rosaliana.
Será o luns 24 de febreiro ás 11:00 h. no Residencia
de Maiores de Arteixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario