O Concello de Carballo, capital
da comarca de Bergantiños, recibirá a visita de Ana Hermida
para conmemorar o Día Internacional da Muller e contar "A historia en
Feminino" nas Bibliotecas de Carballo, concretamente na Biblioteca Rego da
Balsa, e facer un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes,
así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas,
guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas
teñen cabida nesta historia en feminino.
A cita coas mulleres
borradas da historia, será o martes 03 de marzo ás 18:00 h., na Biblioteca Rego
da Balsa, dentro do seu programa Xornadas Guerrilleiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario