martes, 19 de xuño de 2018
“Ecos do tempo”, contamos a historia na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
xoves, 31 de maio de 2018
A historia en Feminino e as mulleres galegas
A historia en Feminino ten como obxectivo visibilizar as mulleres e facer xustiza coa metade da poboación, contar a historia real, polo que levamos anos tentando ofrecer referentes á infancia e ao público adulto. Contamos tamén a historia de grandes mulleres galegas ás que, aínda a día de hoxe, non se lles fixo o recoñecemento debido, como Josefina de Serantes, figura que estabamos a recuperar e da que, grazas ao apoio do seu fillo Eduardo, tivemos unha información máis completa.
Non
vendemos ningún produto, só tentamos facer un acto de reparación e xustiza no
que cremos firmemente, afrontamos este ideal sen o apoio de ningún tipo, nin de
organismos oficiais, nin privados, por suposto tampouco de ningún partido
político ou sindical, pensamos que o feminismo non debe estar suxeito a nada,
non debemos nada a ninguén nin aceptamos que ninguén nos diga o que debemos ou
non debemos dicir, ou a quen debemos censurar. Polo que pese a quen lle pese,
seguiremos a recuperar e contar a historia real, non con afán mercantilista,
senón como compromiso persoal, a igualdade, a violencia de xénero, o feminismo,
a muller… non son un xogo nin tampouco obxecto de mercadeo.
domingo, 27 de maio de 2018
"A historia en Feminino" pechou os actos do 8M en Pazos de Borbén
O público foi ao alumnado e profesorado do Ceip Curros Enríquez e da Asociación Aspavi, queremos expresar os nosos parabéns á organización, a José Manuel Soto Virulegio, responsable da Biblioteca de Pazos de Borbén, por practicar unha plena inclusión en todas as actividades que realiza, tamén agradecer ao profesorado a súa implicación e ao alumnado a súa atención e interese, agardamos que espertara moitas inquedanzas. Grazas.
Conmemoramos o 25N Contando en femininino en Mondariz
martes, 15 de maio de 2018
Celebramos o Día das Letras Galegas "Contando en feminino" no Concello de Vedra
xoves, 10 de maio de 2018
“Contadas na súa voz”, celebramos o Día das Letras Galegas con María Victoria Moreno na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
luns, 16 de abril de 2018
Celebramos coa Biblioteca de Arteixo o Día do Libro, saíndo á rúa
O 23 de abril de 1616, dous xigantes da literatura mundial morreron, dous precursores cuxa obra revolucionaría a forma en que se concibiu e escribiu a ficción: Cervantes e Shakespeare. Esta coincidencia é a razón pola cal o 23 de abril foi elixido como día mundial do libro e do dereito de autor. Cando celebramos libros, celebramos actividades -escribir, ler, traducir, publicar- que axudan ás persoas para elevarse e realizarse a si mesmas; e celebramos, dunha maneira fundamental, as liberdades que as fan posibles. Os libros atópanse na intersección dalgunhas das liberdades humanas máis esenciais, principalmente a liberdade de expresión e a liberdade de publicar. Estas son liberdades fráxiles. Ante moitos desafíos, desde o cuestionamiento do dereito de autor e a diversidade cultural ata as ameazas físicas sobre autoras, xornalistas e editoras en moitos países, estas liberdades tamén se negan, mesmo hoxe, cando as escolas son atacadas, e se destrúen manuscritos e libros.
É o noso deber entón, en todo o mundo, protexer estas liberdades e promover a lectura e a escritura para combater o analfabetismo e a pobreza e fortalecer os cimentos da paz, así como protexer ás profesións e profesionais relacionadas coa publicación. A acción das editoras, merece o debido recoñecemento e protección, posto que o movemento de obras escritas é unha contribución esencial á liberdade de expresión, o debate público e o diálogo.
Xuntémonos para celebrar libros que incorporen a creatividade, permitan que as ideas e o coñecemento se compartan a través das fronteiras e fortalezan o entendemento mutuo e o diálogo. (Audrey Azoulay)
luns, 9 de abril de 2018
“Contadas na súa voz”, María Victoria Moreno no Día do Libro co alumnado de EEI de Vilarrodís
xoves, 5 de abril de 2018
Estivemos Contando en feminino en Ponteceso
martes, 3 de abril de 2018
“Contadas na súa voz”, María Victoria Moreno no Día do Libro co alumnado de EI do Ceip de Galán, en Oseiro
mércores, 21 de marzo de 2018
“Contadas na súa voz”, homenaxe a Helena Villar Janeiro na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
martes, 20 de marzo de 2018
O Concello de Arteixo celebrou o Día de Rosalía co Certame de Poesía que leva o seu nome
A continuación Ana Hermida fixo unha homenaxe a Rosalía con “Poesía é nome de muller”, os versos de Helena Villar Janeiro -a quen lle debemos que o Día de Rosalía sexa hoxe o que é- de Xohana Torres, de Filomena Dato… enchían o ambiente mentres o xurado deliberaba. Máis tarde a obra de Rosalía foi obxecto dunha lectura colectiva por parte das doce persoas participantes: Aldara, Aroa, Alejandra, Sara, David, Marcelo, Sofía, Claudia, Alba, Guillermo, Aldara e Adrián.
Tiña que gañar alguén, así o dicían as bases, foi David, alumno do Ceip Ponte dos Brozos, que cantou as fermosuras de Arteixo co seu poema “O meu pobo”, houbo ademáis un premio por cada categoría: Alejandra con “As estacións”, David con “O meu pobo” e Alba con “Chega a noite”, dos cursos 4º, 5º e 6º respectivamente. Anque en realidade o premio foi para esas doce persoas que coa súa ilusión e talento nos agasallaron coa súa obra, todas levaron como premio un diploma e un lote de libros envolto nun gran aplauso polo moito que nos fixeron disfrutar. David, o gañador absoluto, levou a maiores unha tablet. O xurado estaba composto por María Luísa, Graciela, Dores e Alfredo, que compoñen o clube de lectura da Biblioteca Central de Arteixo “Henrique Rabuñal” e a entrega de premios correu a cargo de Alfredo Ferreiro, en representación do clube de lectura, José Luis Alonso Torreiro, director da Rede de Bibliotecas de Arteixo, Patricia Galán Gómez, directora do Ceip Ponte dos Brozos e Ana María Bello Vázquez, Concelleira de Cultura.
Agardo a edición do próximo ano, seguro que ao igual que nesta, público e participantes irán medrando, así como tamén o amor á poesía. Eu fago actividades por Galicia adiante en bibliotecas, colexios, teatros… pero cando estou na miña terra é algo moi especial, nacín e vivo en Arteixo, son arteixá e presumo da miña vila natal aló por onde vou. Eu tamén fun alumna do Ceip Ponte dos Brozos como a maioría das persoas que participaron neste certame, gardo bonitas lembranzas da miña etapa escolar, coñezo o seu alumnado –ao igual que ao doutros centros de ensino- cando asiste aos contos que lles levo ás cinco biblioteca deste concello, dentro da programación de fomento á lectura que organiza a Rede de Bibliotecas de Arteixo. Volvo daquela á miña etapa escolar e lembro as clases, os corredores, as amizades… fágoo coa imaxinación, nunca tiven oportunidade de contar nese espazo onde medrei entre libros, non os sigo nos centros escolares, si nas bibliotecas e sei do seu amor polos libros e tamén que van por un camiño axeitado. Parabéns Arteixo, grazas e ata o vindeiro ano.
mércores, 7 de marzo de 2018
Contamos “A historia en Feminino” en Pazos de Borbén no 8M
A sociedade civil desempeñou desde sempre un papel esencial nos retos aos que se enfrontan as mulleres. Debemos apoiar as voces da sociedade civil de mulleres, precesisamos unha nova xeración de feminismo que poña fin á cultura da pobreza, os malos tratos, a explotación… por motivos de xénero.
Ana Hermida viaxará ata a Comarca de Vigo e fará un achegamento ao público das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. O público será o alumnado da Eso do Ceip Curros Enríquez, actividade que organiza a Biblioteca de Pazos de Borbén.
A
cita será o venres 9 de marzo ás 13:00 h. no Auditorio do Concello de Pazos de
Borbén.
venres, 2 de marzo de 2018
Mulleres no espello en Compostela
Estivemos
ofrecendo unha ollada a traves da escrita de varios autores sobre a
personalidade da muller: o amor, a vinganza, o erotismo, a paixón… Unha exploración
sobre a condición feminina e a súa loita continua por existir dunha maneira
digna e independente. Orbitamos ao redor da Muller nun enredo convocado
para gozar, compartir e sumar. Organizado por Os Catro Gatos en Compostela.
Estivemos en Bergondo na homenaxe a Filomena Dato con "Ningún lazo a suxeita"
xoves, 1 de marzo de 2018
O Concello de Pazos de Borbén celebra o Día Internacional da Muller contando “A historia en Feminino”
luns, 19 de febreiro de 2018
Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
xoves, 15 de febreiro de 2018
IV Concurso de Poesía Homenaxe a Rosalía de Castro, en Arteixo
mércores, 14 de febreiro de 2018
Homenaxe a Filomena Dato "a poeta das Mariñas" en Bergondo
O Concello de Bergondo organiza unha homenaxe a Filomena Dato, na que colabora a Real Academia Galega, a parroquia de San Vicente de Moruxo, A Asociación Irmáns Suárez Picallo e a Asociación Cultural Lisístrata.
Intervirá o párroco Rubén Aramburu, Francisco Pita, da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Ana Hermida, da Asociación Lisístrata, a poeta e editora Dores Tembrás, o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez. Alumnado de 2º da ESO do CPI Cruz do Sar lerá poemas da escritora. Rematará o acto co descubrimento dunha escultura na honra de Filomena Dato asinada por Francisco Escuredo e coa interpretación do Himno galego a cargo de José Otero López.
O acto terá lugar o martes 26 de febreiro no camposanto de Moruxo, ás 11:15 h.
martes, 13 de febreiro de 2018
Arteixo achega a figura de Rosalía ao alumnado do Ies Manuel Murguía con "Tecín soia a miña tea"
luns, 12 de febreiro de 2018
Día de Rosalía en Arteixo
venres, 9 de febreiro de 2018
Tecín soia a miña tea, homenaxe a Rosalía en Pazos de Borbén
Será o martes 20 de febreiro ás 13:00 h. no Auditorio do Concello. Está organizado pola Biblioteca de Pazos de Borbén e dirixido ao alumnado de 1º a 4ª da Eso do CPI Curros Enríquez e da Asociación Aspavi.
xoves, 8 de febreiro de 2018
“O Voitre e a Pomba”, a palabra para combater a violencia de xénero
O público
adolescente reacciona sempre do mesmo xeito ante o que percibe, os comentarios
do coloquio posterior tamén son sempre semellantes, é un aliciente enorme que
nos anima a seguir por este camiño. Nin xogos, nin risas, precisan algo
contundente que o faga reflexionar, pensar e percibir que é algo real, non se
trata dun xogo. Os textos son duros, impactantes e moi necesarios, así o
cremos, por eso existe O Voitre e a Pomba.
xoves, 25 de xaneiro de 2018
A historia en Feminino e as mulleres na ciencia
Cando
contamos a historia en Feminino sempre están presentes as mulleres na ciencia.
Levamos anos tentando ofrecer referentes á infancia sen omitir á metade da
poboación. Nesta ocasión, na Biblioteca de Barrionovo, falamos da historia de
grandes mulleres galegas e por suposto que estivo presente a ciencia na persoa
de Begoña Vila Costas, Premio María Josefa Wonenburger Planells 2017. Desexo que prendera nalgunha das nenas presentes a inquedanza por este mundo onde as
mulleres son un referente.
domingo, 14 de xaneiro de 2018
“Cóntame outra vez ” na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
luns, 18 de decembro de 2017
A historia en Feminino, as nosas grandes mulleres galegas
domingo, 17 de decembro de 2017
Roteiro pola Fraga do Barragán en Pazos de Borbén
luns, 4 de decembro de 2017
“Sabéndote, Rosalía”, na Biblioteca Ánxel Casal de Compostela
mércores, 22 de novembro de 2017
Contando en feminino en Mondariz
O domingo 26 a cita coa igualdade será na Biblioteca Pública de Mondariz “Xoán Xosé Pérez Labaca”, ás 17:00 h.
Monólogos teatrais no 25N en Rois, con Miña casiña, meu lar
Será o sábado 25 de novembro ás 20:00 h. no auditorio do Concello de Rois.































