mércores, 2 de outubro de 2019

Seguimos contando "A historia en Feminino" en Cambados

Será a nosa terceira visita, das cinco previstas neste mes, para contar "A Historia en Feminino" no Concello de Cambados. Alí Ana Hermida fará un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras, inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Concellería de Muller e Igualdade de Cambados en colaboración coa Concellería de Cultura.

Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da historia, o luns 7 de outubro ás 17:30 h., na Axencia de Lectura Municipal de Corvillón de Cambados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario