Volvemos á Comarca do Salnés para contar a
"Historia en Feminino" no Concello de Cambados, alí Ana Hermida fará
un achegamento ao público infantil das moitas e sobresaíntes, así como
descoñecidas, mulleres que houbo ao longo da historia. Científicas, guerreiras,
inventoras, aventureiras, deportistas, escritoras, músicas… todas teñen cabida
nesta historia en feminino. Actividade organizada pola Concellería de Muller
e Igualdade de Cambados en colaboración coa Concellería de Cultura.
Estaremos visibilizando ás mulleres borradas da
historia, o venres 18 de outubro ás 17:30 h., na Axencia de Lectura Municipal Gumersindo
Márquez Oubiña do Concello de Cambados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario