Para conmemorar o 134º cabodano de Rosalía de Castro levamos a
Bergondo á nosa Rosalía feminista, divertida, comprometida... Era a primeira
vez que representaba a Rosalía de Castro nunha igrexa e a experiencia foi moi
satisfactoria, son da opinión de que a cultura hai que achegala ao público en
todos os espazos posibles e na Igrexa de Babío todo foi máxico. A obra da
padronesa soaba na voz de Ana Hermida sorprendendo ao auditorio, espertando
risas, emoción e participación. O acto estivo organizado por Rubén
Aramburu, activista cultural e crego de Bergondo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario